A rede está chea de minixogos, e as aplicacións de mensaxería non queren quedar fóra de xogo. Por iso Facebook acaba de anunciar que as usuarias da súa aplicación de comunicación, Facebook Messenger, terán acceso a uns cantos minixogos, títulos clásicos que farán as nosas conversas moito máis entretidas.
Entre os 17 títulos dispoñíbeis non podían faltar os clásicos Pac-Mac, Space Invaders ou Brick Pop, que nun primeiro momento poderán disfrutar as usuarias de 30 países, entre eles o noso, con independencia de que empreguen a aplicación para Android ou a de iOS.
Para acceder a estes xogos, o proceso é moi sinxelo. Basta con que esteamos dentro dunha conversa (cun único contacto ou de grupo) e que pulsemos a nova icona con forma de mando de xogos (gamepad). Desta maneira permitiranos escoller o xogo que queiramos para iniciar unha partida.
Despois de cada ronda, os contactos que estean na mesma conversación poderán ver a nosa puntuación e, se o desexan, xogar para tratar de nos superar.
Que vos parece esta forma de revitalizar as conversas?