Cando se filtra un terminal, o método máis habitual adoita ser a través dunha foto de pouca calidade, mais desta vez foi un vídeo de 10 minutos o que deixou ver o Galaxy A5 (2017) que prepara Samsung con todo luxo de detalles, aínda que posteriormente foi retirado da canle de YouTube na que fora publicado.
Estamos ante un modelo de aspecto continuísta, con moi poucos cambios sobre o seu precedesor, pois Samsung semella estar máis interesado en simplemente adaptar este modelo ás especificacións da gama media premium deste ano.
Atendendo ás filtracións, o Galaxy A5 (2017) viría con pantalla FullHD de 5,2 polgadas, procesador Exynos 7880, 3 GB de memoria RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna.
Haberá que agardar aínda un tempo para que Samsung faga oficial este modelo e coñezamos, xa de maneira oficial, todas as súas especificacións e detalles.