Canto máis preto está o Nadal, máis promocións vencelladas a estas datas aparecen. Unha das últimas compañías en anunciar a súa é Vodafone, cunha proposta que repite entre as usuarias das súas tarifas de cartón prepago Vodafone Yu e Vodafone Internacional Smartphone.
As clientas actuais de Vodafone yu que teñan 1 GB, 1,5 GB ou 2 GB disporán de 2 GB, 3 GB ou 4 GB, respectivamente, durante o período promocional, que se extenderá até o próximo 9 de xaneiro, simplemente renovando a súa tarifa. Do mesmo xeito, as novas clientas que se dean de alta nestas tarifas tamén disfrutarán da promoción automaticamente.
Dunha maneira máis visual, as condicións das tarifas beneficiadas coa promoción de Nadal de Vodafone serán as que resumimos nesta táboa.
Internacional Smartphone | Yuser | Superyuser | Megayuser | |
Chamadas | 60 min nacional / internacional | Ilimitadas a outros VF yo + 20 min | Ilimitadas a outros VF yu + 50 min | Ilimitadas a outros VF yu + 100 min |
Datos | 1,5 GB | 1 GB | 1,5 GB | 2 GB |
Promo GBx2 | 3 GB | 2 GB | 3 GB | 4 GB |
Prezo | 15 € | 10 € | 15 € | 20 € |
Que vos parece esta promoción?