O móbil co que nunca quedarás sen batería

yaao-6000-plus-1

A autonomía dos nosos smartphones é, sen dúbida, unha das maiores preocupacións que temos como usuarias. Malia todos os avanzos en diferentes aspectos relacionados cos nosos trebellos, como o deseño, a potencia ou a calidade fotográfica, a autonomía dos gadgets non medra, aínda que se avance en sistemas de carga rápida ou similares.

Este non é o problema do Yaao 6000 Plus, o último dispositivo dun fabricante chinés pouco coñecido por estes lares. Trátase do terminal que conta coa maior capacidade de batería, superando os 10.000 mAh do Oukitel K10000 ao levar 10.900 mAh de batería, moi por riba dos 3.000 mAh de media dos modelos de gama alta actuais.

Polo demais, trátase dun dispositivo bastante sinxelo en canto a especificacións, polo que quedaría enmarcado dentro da gama media – baixa. As principais características son as seguintes:

  • Pantalla de 5 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles)
  • Procesador MediaTek MT6735 (catro núcleos)
  • 1 GB de memoria RAM
  • 16 GB de memoria interna (ampliábeis mediante microSD)
  • Cámara principal de 13 megapíxeles
  • Cámara frontal de 5 megapíxeles
  • 4G-LTE

Como non podería ser de outro xeito, albergar semellante batería ten as súas consecuencias, en peso e grosor. Estamos a falar dun trebello que mide 18,1 mm de grosor.

yaao-6000-plus-2

En canto a sistema operativo, funciona con YunOS, un sistema baseado en Linux que é bastante popular en modelos de gama baixa empregados no país asiático.

Véndese na China por uns 150 euros ao cambio, estnado dispoñíbel en dous acabados, un dourado e outro en ton prata, aínda que tamén hai unha edición especial Lamborghini.

Sobre o autor

Reply