Sorteamos unha batería externa de 2900 mAh Superman Kryptonian Key

bateria-superman

Xa había tempo que non tiñamos un sorteo e… temos que admitilo: tiñamos ganas. Por iso volvemos con forza e temos outros dous obxectos que sortear en colaboración con RedInput. O primeiro é o que traemos hoxe, que estará activo até o próximo día 13 de decembro, incluído. E o outro… xa o veredes a semana que vén.

Que sortemos desta vez?

Para irnos preparando para o Nadal non hai nada mellor que termos as pilas cargadas, polo que non se nos ocorreu mellor cousa que sortear unha batería externa. Pero ollo! Non estamos a falar dunha batería externa calquera, estamos a falar dunha batería de 2900 mAh edición especial Superman Kryptonian Key, coa que poderedes presumir de exclusividade ^^.

Aínda que hai dispoñíbeis varias cores, a que sorteamos é azul.

De onde sae a batería?

Este sorteo podemos facelo á colaboración de RedInput. Esta marca de desenvolvemento de apliacións (botádelle un ollo á súa zona na Play Store para descubrilas todas) cedeu este agasallo para que poidamos sortealo entre todas e todos vós.

Que teño que facer para conseguilo?

Para facilitar todo o proceso do sorteo, repetimos co sistema de Gleam. Facendo unha serie de accións iredes conseguindo participacións extra, polo que vos recomendamos facer os maior número de pasos posíbel para ter máis posibilidades de gañar.

Como vedes, as persoas que participaron no sorteo do Oukitel C3 teñen a posibilidade de ter unha participación extra. Se marcades esta opción e comprobamos que non participáchedes, non será tida en conta.

Sorteo Batería Superman Kryptonian Key

Sobre o autor

Reply