ion mobile estrea tarifas con máis gigas

ion-mobile

No complicado e diverso mundo dos operadores móbiles virtuais que podemos contratar no noso país, ion mobile non está entre os máis coñecidos, aínda que tal e como se recollen nos datos de portabilidades oficiais é dos que están a captar máis liñas mensualmente.

Logo de bastante tempo sen tocar as súas tarifas, a compañía vén de facer unha actualización das mesmas, con novas propostas elaboradas para quen pode atopar algunha que se adapte ás súas necesidades, así como revisando as opcións de customización que nos permiten facer unha tarifa a medida.

As novas propostas, cuxo naming está inspirado en termos de aviación, son tres. Adicionalmente temos tarifas con chamadas ilimitadas e unha cantidade a elixir de datos en navegación.

  • Despega (11,95 €/mes): 1,3 GB de datos e 100 minutos a fixos e móbiles.
  • Vuela (15,95 €/mes): 1,5 GB de datos e 200 minutos a fixos e móbiles.
  • Planea (19,75 €/mes): 5,3 GB de datos. Das chamadas págase o establecemento a 20 cént/chamada. Os 3 primeiros minutos son gratis, logo a 5 cént/min.
  • Ilimitadas Ion. Ofrecen chamadas ilimitadas e 2, 4 ou 6 GB de datos por 19,75, 24,75 ou 27,95 €/mes, respectivamente.

Por outro lado temos a posibilidade de facer unha tarifa á nosa medida escollendo a cantidade de voz e datos que nos interesan, aínda que os prezos non son tan interesantes como os que atopamos noutras compañías da competencia.

  • Opcións de voz: sen minutos (0 €/mes), 100 minutos (3,95 €/mes), 200 minutos (7,50 €/mes) ou 1000 minutos (13,95 €/mes)
  • Opcións de datos: sen datos (0 €/mes), por MB (0,012 €/MB), 300 MB (4,50 €/mes), 500 MB (5,50 €/mes), 1 GB (7 €/mes) ou 3 GB (17,95 €/mes).

ion mobile emprega a rede móbil de Orange con acceso ao 4G. Ao rematar o volume de datos contratado permite seguir navegando durante 100 MB a velocidade reducida (16 kbps) e a partir de aí comeza a cobrar. Se preferimos seguir navegando á máxima velocidade podemos contratar un bono de datos extra de 300 MB por 4,50 € ou de 500 MB por 5,50 €.

Sobre o autor

Reply