A cámara – smartphone Kodak Ektra xa se pode mercar en Europa por 449 €

A finais de outubro Kodak, unha das marcas máis relevantes no mundo da fotografía, anunciou o lanzamento do Kodak Ektra, un trebello a medio camiño entre unha cámara e un smarphone. Trátase do segundo teléfono android do fabricante, logo do Kodak IM5, que pasou totalmente desapercibido.

O novo Kodak Ektra é un modelo que aposta pola fotografía, en certa medida a costa de deixar de lado o resto de prestacións, que como teléfono o sitúan na gama media. Vén cunha pantalla de 5 polgadas con resolución Full HD (441 píxeles por polgada) e no seu interior leva un procesdor MediaTek Helio X20, de 10 núcleos, xunto 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

A súa batería ten 3000 mAh de capacidade, con función de carga rápida e como sistema operativo leva Android 6.0.1, sen apenas modificacións máis aló de preinstalar algunha aplicación específica para sacarlle partido ao apartado fotográfico.

O seu punto forte é sen dúbida o fotografío, a pesar de que o seu sensor principal non sexa exclusivo, senón un modelo de Sony, o Sony IMX230 de 21 megapíxeles, apertura de f/2.0, estabilizador óptico OIS e gravación de vídeo a resolución 4K. No caso da cámara frontal temos un modelo de 13 megapíxeles.

As súas potencialidades fotográficas tamén son evidentes no modo manual, onde contamos con moitísimas opcións de axuste para sacar as foto perfecta, aínda que para iso será preciso contar con coñementos en fotografía abondos que permitan sacar partido a todo o potencial. O seu deseño tamén está pensado para o uso como cámara, xa que permite un mellor agarre par sacar fotos comodamente.

O novo smartphone – cámara Kodak Ektra xa se pode mercar desde o noso país por 499 euros, un prezo que inclúe un bono para imprimir 150 fotografías totalmente gratis.

Kodak Ektra | Tenda online

Sobre o autor

Reply