Alfredo Ramos, novo Director Xeral de R

Alfredo Ramos, que ate o de agora estaba desempeñando as labores de Director da División Residencial de R, vén de ser nomeado novo Director Xeral de R, a operadora de cable galega.

Ramos, nado na Coruña en 1972, é Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, e entrou formar parte da compañía desde o momento da súa fundación, en 1998, como responsábel de produto. Posteriormente asumiu a xerencia comercial e de Marketing Residencial entre os anos 2003 e 2007, e desde entón estivo á fronte da División Residencial.

Co seu nomeamento avánzase no proceso de reorganización do grupo de cable que conforman Euskaltel e R, logo de que o grupo vasco se fixese coa operadora galega hai xa máis dun ano. Cabe sinalar que, malia a integración de ambas compañías, cada unha delas terá o seu director xeral  co fin de conseguir sendo líderes en ambos mercados.

Sobre o autor

No Responses

Reply