“Fondos de pantalla”, a aplicación de Google con wallpapers para o noso Android

Hai estudos que aseguran que miramos o noso móbil máis de 150 veces ao día, polo que o normal é que teñamos un fondo de pantalla que nos guste. Atopar wallpapers fermosos, gratuítos, de calidade e que se adapten á nosa pantalla non sempre é unha tarefa doada, polo que as aplicacións que facilitan este traballo están en auxe.

Google vén de poñer o seu graíño de area a este cometido lanzando na Play Store unha aplicación chamada Fondos de Pantalla, que nos ofrece ducias de fondos organizados en categorías e outras opcións avanzadas. Este catálogo incluído na nova aplicación de Google inclúe capturas extraídas de Google Earth, así como tamén de servizos como Google+ e outros partners da compañía con sede en Mountain View, entre eles 500px.

Quen goste de andar mudando de fondo de pantalla a diario tamén pode elixir unha categoría e será a propia Google quen elixa unha foto cada día, de maneira que cada día esperaremos cunha imaxe diferente. Ademais, se temos un trebello con Android 7.0 Nougat ou superior tamén podemos seleccionar diferentes imaxes para a pantalla de inicio e de bloqueo, respectivamente.

 

Play Store | Fondos de pantalla

Sobre o autor

Reply