Movistar sube o establecemento de chamada aos 25 céntimos

Cada vez é máis habitual que teñamos tarifas planas de chamadas ilimitadas ou cun certo volume de minutos, que mentres duran non teñen establecemento de chamada. Porén, as tarifas máis económicas adoitan manter este concepto, no que ao cliente se lle cobra unha cantidade polo mero feito de que a outra persoa responda ou salte un buzón de voz.

Logo de moito tempo fixado nos 18,15 céntimos, Movistar subiu en xaneiro de 2015 o establecemento de chamada aos 20 céntimos, algo que logo replicaron Orange, Vodafone e a inmensa maioría do resto de operadores. Agora, Movistar volve tomar a iniciativa e comezará a cobrar 25 céntimos por este anticuado concepto, no que seguramente sexa o preludio dunha suba xeralizada en todos os operadores.

Esta modificación de tarifas aplicarase a partir do 18 de xaneiro ás usuarias da tarifa Vive 13, unha das máis económicas da compañía e que carece dun bono de minutos incluída na cota. Vive 13 ofrece 1 GB de datos e chamadas a 0 cént/min, cun establecemento de 20 céntimos. Tal e como se pode ver na web da compañía, a partir de xaneiro cambiará o nome da tarifa para ser Vive 15, e por 15 €/mes teranse 2 GB de datos, chamadas a 0 cént/min e un establecemento de chamada de 25 céntimos.

 

Sobre o autor

One Response

  1. Seldon 16 Decembro, 2016 Responder

Reply