Verizon podería botarse atrás e non mercar Yahoo tras o último hackeo

Esta semana saltaron todas as alarmas coa nova dun novo hackeo sufrido por Yahoo, que supuxo a exposición de millóns de contas de usuarias, nun dos maiores ataques de seguridade sufridos pola compañía.

Porén, este non é o único problema que está a vivir Yahoo nos últimos meses, e que fan dela unha empresa cada vez menos apetecíbel de mercar. E é que segundo apuntan varias informacións, a compañía que dirixe Marissa Mayer esta a colabarar coas autoridades americanas para espiar ás usuarias.

Por estas razóns, a operadora norteamericana Verizon, que nos últimos tempos tiña amosado o seu interese en adquirir Yahoo, podería estarse plantexando suspender a operación para non ter que afrontar os problemas de seguridade e imaxe nos que se está a ver envolta Yahoo.

Polo de agora non hai confirmación oficial sobre esta decisión, que imaxinamos non tardará en facerse pública nos próximos días.

Sobre o autor

No Responses

Reply