Poucas horas despois de que se filtrase unha imaxe nos medios, LG presentou en Corea a súa nova tablet Android, a LG G Pad III 10.1 LTE, un modelo que conxuga unha boa relación calidade – prezo e que ademais incorpora algunha curiosidade, como un pequeno atril que nos permite apoiala en calquera superficie plana para poder empregala máis comodamente.
Como o seu propio indica, a LG G Pad III 10.1 LTE incorpora unha pantalla de 10,1 polgadas con resolución WUXGA (1920 x 1200 píxeles). No seu interior atopámonos un procesador de oito núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis en 2 TB adicionais a través de tarxetas microSD.
Vén con dobre cámara, frontal e traseira, ambas as dúas de 5 megapíxeles. A batería é de 6000 mAh, ten Android 6.0 Marshmallow e dispón de conectividade 4G – LTE, ademais de USB Tipo C, WiFi 802.11 ac e Bluetooth 4.2. Tamén incorpora GPS, unha característica que non todos os fabricantes colocan nas súas tablets.
En canto a deseño, trátase dun modelo de 256,2 x 167,9 x 7,9 mm e 510 gramos de peso. O máis interesante neste aspecto é a presenza dun pequeno atril que, como xa comezamos ao comezo do artigo, permítenos usar o trebello sobre unha superficie, deixando as mans libres. Ten até 4 posicións e unha apertura de 70 graos.
Prezo e dispoñibilidade
Inicialmente a LG G Pad III 10.1 LTE vai estar dispoñíbel só en Corea do Sur por uns 350 euros ao cambio, aínda que segundo parece estaríase a traballar nunha versión alternativa con stylus para a súa comercialización en territorio europeo.