Novo Gionee P7: pantalla de 5 polgadas e un prezo axustado

 

A compañía chinesa Gionee vén de presentar e poñer á venda un dos seus últimos trebellos, o Gionee P7. Trátase dun modelo sinxelo, con pantalla de 5 polgadas e un prezo axustado, acorde ás súas especificacións técnicas.

A pantalla, que como xa dixemos ten 5 polgadas, presenta resolución HD e está protexida por Soda Lime, unha capa de protección adicional, semellante a Gorilla Glass. No seu interior temos un procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

En canto ás cámaras, a principal é de 8 megapíxeles e a frontal de 5, amabas co seu correspondente flash LED. Completando a listaxe de especificacións temos conectividade LTE 4G (compatíbel con VoLTE), WiFi b/g/n, Bluetooth 4.0 e GPS. A batería é de 2300 mAh e o sistema operativo Android 6.0 Marshmallow coa interface Amigo 3.2.

Como vedes, o Gionee P7 é un dispositivo moi modesto, que xa está dispoñíbel por uns 140 euros ao cambio actual, e se pode mercar en países como a India en tres cores (branco, dourado e gris). Está prvisto que proximante chegue a novos países de maneira oficial.

Sobre o autor

Reply