Como xa vén sendo tradición nos últimos anos, desde Mallando no Android puxémonos en contacto co Apalpadroid, o irmán frikiño do Apalpador, o carboeiro que durante as noites do 24 e 31 de decembro baixa desde as montañas do Courel para visitar ás pícaras e pícaros e comprobar se comeron abondo durante todo o ano para deixarlles unha presa de castañas e agasallos.
Pero aquí somos máis do Apalpadroid. Nas noites do 24 e 31 de decembro, no canto de ir mirando bandullos, o que comproba o Apalpadroid é os trebellos que teñen as frikiñas e frikiños na mesiña de noite, para ver se foron fideis a Android ou non. De telo sido, as probabilidades de que deixe un novo smartphone, tablet, smartwatch ou accesorio multiplícanse por 20, mais como atope algo de Apple… podedes esquecervos de ter nada! 😉
Así que, de parte de todas as que facemos Mallando no Android, desexarvos que teñades unhas moi Boas Festas e un ventureiro 2017. Ah! E se vos cae algunha frikada, agardamos que no lo contedes polas nosas redes sociais. Pasádeo ben! 🙂
Equipo de Mallando no Android.