Para tratar de calar os numerosos rumores que apuntaban a que a sección de wearables de Google non estaba a pasar polo seu mellor momento, a compañía con sede en Mountain View filtrou que estaban a preparar dous novos modelos para lanzar a comezos de 2017, que virán con Android Wear 2.0.
Mais, como sempre que se fala dunha actualización de software, aparece a gran cuestión: vai actualizarse o meu dispositivo? A resposta, desta vez, é bastante clara, cunha listaxe dos trebellos que recibirán Android Wear 2.0. Serán os seguintes:
- Asus ZenWatch 2
- Asus ZenWatch 3
- Casio Smart Outdoor Watch
- Fossil Q Wander
- Fossil Q Marshal
- Fossil Q Founder
- Huawei Watch
- LG Watch R
- LG Watch Urbane
- LG Watch Urbane 2nd Edition LTE
- Michael Kors Access Bradshaw Smartwatch
- Michael Kors Access Dylan Smartwatch
- Moto 360 2nd generation
- Moto 360 Sport
Por outro lado, entre os modelos que non actualizarán a esta nova versión temos a moitos da primeira xeración do 2014, entre eles os seguintes:
- Asus ZenWatch
- LG G Watch
- Moto 360
- Samsung Gear Live
Tedes algún destes dispositivos?
E o moto 360 2 non aparece na lista?
Si, Daniel. Tivemos aí unha pequena gralla cos Moto. Entran o Moto 360 2nd generation e o Moto 360 Sport