Avisa automaticamente da túa chegada con AvisApp

“Cando chegues manda un WhatsApp”, “Avisa ao chegar”, … a todas nos sonan estas mensaxes de nais e pais, parellas ou outros seres queridos. O de avisar co móbil ao chegar a un sitio logo de facer unha viaxe en coche medianamente longa ou diferente aos percorridos habituais está a orde do día, pero recoñezámolo: ás veces atopámonos con tráfico que ralentiza o noso desprazamento ou imos entretidas e nos despistamos de avisar, polo que quen espera unha mensaxe nosa queda preocupada. Con esas ideas de fondo nace AvisApp.

AvisApp é unha iniciativa do RACE para avisar automaticamente ás persoas que nos esperan de que chegamos correctamente oa noso destino. O seu funcionamento é bastante sinxelo, xa que unicamente deberemos seguir 3 pasos antes de iniciar o noso traxecto.

  1. Elixir o destino. O primeiro é introducir na aplicación o enderezo ao que imos dirixirnos, e a hora de saída ou de chegada para que a app poida calcular cando chegaremos ou cando precisamos saír en función do tráfico.
  2. Elixir a quen avisar. Logo diso, debemos avisar a quen queremos avisar. Poderemos escoller os contactos aos que se lles enviará un SMS sen custo ao chegarmos, aínda que as que teñan instalada a aplicación recibirán unha notificación nela.
  3. Elixir a mensaxe. Por último, debemos preparar a mensaxe que queremos enviar. Poderemos elixir algún dos que AvisApp ten programados ou facer un personalizado. Listo!

Feito isto, a aplicación xa se encarga de todo o demáis, e cando cheguemos enviará as mensaxes pertinentes. Ademais, se facemos percorridos recursivamente podemos programalos para que sexa máis rápida a configuración dos avisos, e tamén se nos permite crear gurpos de envío, se somos de avisar a máis dunha persoa sobre a nosa chegada.

Aquelas persoas que sexan socias de RACE tamén terán asistencia con xeolocalización a través de SOS RACE, integrado nesta app. Bastaralles premer un botón para iniciar a incidencia.

Play Store | AvisApp

Sobre o autor

Reply