Google Drive mellora os prezos da nube para as modalidades de pago anuais

Quen máis, quen menos, case todas temos arquivos almacenados nos diferentes servizos na nube, como Dropbox ou Google Drive. Da alternativa de Google queremos falarvos hoxe, pois veñen de estrear dous novos plans de prezos para as usuarias que optan polo pagamento anual fronte os pagos mensuais.

A nova oferta afecta ás modalidades de 100 GB e de 1 TB de espazo na nube e supoñen un 16 e un 17 % de aforro, respectivamente.

  • 100 GB. Na modalidade anual pagaremos 19,99 €/ano, mentres que se preferimos pagar mes a mes sairanos en 1,99 €/mes.
  • 1 TB: Se pagamos anualmente sáenos en 99,99 €/ano, se eliximos a opción mensual 9,99 €/mes.

As alternativas máis ambiciosas, de 10, 20 e 30 TB non se ven afectadas por novas modalidades de pago anual, polo que manteñen os mesmos prezos que até o de agora.

Máis info | Plans de Google Drive.

Sobre o autor

Reply