Pepephone deixará o ADSL de Vodafone para ofrecer o de MásMóvil

Tras mercar Pepephone e logo Yoigo, MásMóvil comezou a incidir directamente na xestión destas marcas. Hai unhas semanas soubemos da negociación de MásMóvil con Movistar  en relación co servizo de móbil de Yoigo e Pepephone, e agora o que acontecerá co ADSL da compañía de lunares.

Pepephone ofrece ADSL sen teléfono fixo baixo a rede de Vodafone, pero MásMóvil conta coa súa propia rede ADSL e de fibra, ademais de ter un acordo con Orange para acceder á súa rede de banda larga fixa. Por iso ten pouco sentido pagarlle tamén a un terceiro (Vodafone) polo acceso á rede indirecta.

A partir de febreiro do 2017 as novas altas no ADSL de Pepephone faranse sobre a rede de MásMóvil, mais mantendo as condicións, é dicir, será un ADSL sen teléfono nin permanencia cunha cota mensual de 23,60 euros. O resto de clientes actuais, arredor de 41.000, iranse migrando de xeito gradual desde a rede de Vodafone á de MásMóvil a partir do mes de abril.

A gran novidade é que algúns destes clientes, arredor de 16.000, poderán migrarse de ADSL a fibra, unha tecnoloxía moito máis atractiva, xa que garante mellores velocidades e latencias, o que fará o cambio moito máis atractivo. Porén, a chegada da fibra a Pepephone podería introducir o concepto de permanencia, posto que os custes de provisión son máis altos e precisaría de máis tempo para recuperar a inversión inicial.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply