Rodríguel del Corral: “R é a única responsable e terá que facer fronte ás indemnizacións”

O director de innovación do grupo Euskaltel e presidente do Clúster TIC de Galiza, Antonio Rodríguez del Corral, referiuse nunha entrevista na Radio Galega aos acontecementos do pasado 23 de decembro, cando milleiros de usuarias de móbilR quedaron sen servizo, para asumir toda a culpa: “R é a única responsable e terá que facer fronte ás indemnizacións”.

Segundo explicou o directivo, R tivo “un fallo relevante que non debera ter ocorrido”, aínda que non aclarou a causa deste. Ese problema provocou que os móbiles da compañía tiveran que volver rexistrarse no sistema, e dado o alto volume de liñas que manexa R (500.000), con moitos móbiles querendo rexistrarse á vez, “produciuse un efecto avalancha”, polo que a solución levou tempo.

Na mesma entrevista, Del Corral tamén se referiu ás indemnizacións que R trasladará ás usuarias afectadas na próxima factura de xaneiro. Tal e como indica a normativa vixente, a compañía deberá devolver 5 veces a cota proporcional ao tempo que estivo sen servizo.

Del Corral foi xerente de desenrolo de negocio en R até abril do 2016. Nese momento, e logo da redistribución de mandos debida á integración da operadora galega en Euskaltel, asumiu a dirección de innovación de todo o grupo (Euskaltel + R).

Sobre o autor

Reply