Tras un 2016 de malos resultados e pouco “estilo Pepephone“, o OMV dos lunares comeza o 2017 con forza, actualizando case todas as suas tarifas para ofrecer ás súas clientas máis datos pagando poucos cartos. Este movemento é resultado dun importante acordo asinado hai unhas semanas entre MásMóvil, propietario de Pepephone, e Movistar, a compañía que provée a rede móbil.
Tras esta actualización, o abano de tarifaspara navegar que ofrece Pepephone é o seguinte.
- 1 GB por 5,90 €/mes. Non cambia.
- 1,5 GB por 6,90 €/mes. Este plan suma 300 MB de datos (tiña 1,2 GB). Xa está descatalogado, polo que esta actualización só a disfrutarán as persoas que tiñan o plan de 1,2 GB, as novas clientas non a poden contratar.
- 2,5 GB por 10,90 €/mes. É o antigo plan de 2 GB, que suma 500 MB.
- 4,5 GB por 14,90 €/mes. É o antigo plan de 3 GB, que suma 1,5 GB.
- 10 GB por 24,90 €/mes. Dobra a capacidade, pasando de 5 a 10 GB.
As clientas actuais de Pepephone verán actualizada a súa tarifa automaticamente, mentres que as novas xa as poden contratar desde a web da compañía. Ademais, cómpre lembrar que estas tarifas non teñen compromiso de permanencia. En todas elas as chamadas cóbranse a 18,15 céntimos en concepto de establecemento, e os primeiros 20 minutos son gratis. A partir de aí, os minutos seguintes tarifícanse a razón de 0,7 céntimo / minuto.
Pepephone manterá a cobertura móbil de Movistar até o 2019, aínda que no caso do ADSL mudará a actual cobertura de Vodafone pola de MásMóvil, nun proceso no que algunhas usuarias poderán pasar á fibra, tal e como vos adiantamos hai uns días.
Máis info | Pepephone
Clientas? Usuarias? Iso de escribir só con xénero feminino é a derradeira falcatruda do “boísmo” ou é que fodiches algunha tecla?
Forma parte da nosa liña editorial