“Find my phone”, o mini documental detrás dun móbil roubado

A Anthony van der Meer roubáronlle o seu iPhone cun dos métodos máis habituais que se empregan para roubar os móbiles que, demasiado a miúdo, pousamos riba dunha mesa: Alguén nos despista preguntándonos algo ou cuns papeis ou mapa e, por baixo, faise co noso flamante terminal.

Iso levouno a pensar máis aló do valor do propio dispositivo, senón no de todo o contido almacenado nel, como fotos, conversas, correo electrónico ou contactos, e decidiu facer un experimento: a modo de cebo preparou un terminal HTC cun software chamado Cerberus, que permite ter o control do dispositivo e tomar fotografías ou vídeo, gravar o son, facer copias de seguridade e ter a localización GPS sempre e cando o dispositivo esté conectado á Internet.

O resultado? Este mini documental de 20 minutis chamado “Find my Phone”, que nos pareceu moi interesante compartir con vós. Xa nos contaredes as vosas impresións!

Sobre o autor

Reply