O Honor 6X xa está á venda no noso país por 249 euros

Foi anunciado no mes de outubro, pero até o de agora non se puxera á venda no noso país. A espera mereceu a pena, e desde onte xa podemos adquirir o Honor 6X por 249 euros, na súa versión de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenaxe interna.

O trebello segue a estela dos últimos modelos de Huawei e incorpora a dobre cámara traseira, en concreto un sensor de 12 megapíxeles e outro de 2 megapíxeles, cuxa combinanción consegue, segundo apuntan as primeiras análises, uns resultados de gran calidade. Tampouco queda atrás a cámara frontal, que vén con sensor de 8 megapíxeles, un ángulo de 78 graos e unha paertura de f/2.0.

Leva unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución Full HD e no seu interior temos un procesador fabricado por Huawei, o modelo Kirin 655, de oito núcleos e con arquitectura de 64 bits. Aínda que existe unha versión de 4 GB de RAM e 64 GB de memoria, a que chega ao noso país é a de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis en todo caso por tarxetas microSD de até 128 GB.

Dispón de lector de pegadas dixitais, situado na parte traseira do dispositivo, chip NFC, conectividade LTE 4G e unha batería de 3340 mAh. Pódese mercar en tres cores (prata, dourado e gris) por 249 euros.

Amazon | Mercar Honor 6X

Sobre o autor

Reply