Se hai un móbil que todo o mundo quere ver este ano, ese é o Samsung Galaxy S8. Se o lanzamento dun novo membro da familia “Galasy S” xa é un acontecemento de por si, sobre todo logo do éxito do Galaxy S7 / S7 Edge, este ano, e logo do Note7gate, a expectación é máxima.
Nas últimas semanas foron aparecendo moitos rumores sobre características e prestacións do S8. No que ten a ver co seu deseño, a principal sería a eliminación do botón central dianteiro, un clásico de todos os modelos de Samsung. A filtración da que, supostamente, sería a primeira imaxe viría a confirmaría este feito.
Hai que coller esta información con pinzas, pois podería tratarse dunha versión photoshopeada dun S7 Edge, co que gardaría moito parecido, pero as posibilidades de que sexa unha imaxe real son moitas.
Presentación o 18 de abril
A pesar de inicialmente agardabamos un novo Unpacked no Mobile World Congress de Barcelona, o certo é que esa posibilidade foi desbotándose coas últimas informacións, nas que o mes de abril ía soando con forza.
Pois ben, segundo os rumores máis frescos, a data concreta da súa presentación será o 18 de abril, nun evento que tería lugar na cidade de New York.