Movistar anuncia a dispoñibilidade do 4G ao 96% da poboación da provincia de Pontevedra

Movistar vén de anunciar que xa dispón de cobertura 4G nos 62 concellos que compoñen a provincia de Pontevedra, chegando con esta tecnoloxía de conexión ao 96% da poboación da provincia. Grazas a isto, as usuarias da desta operadora, e de outras que empregan a súa rede, poderán acceder a velocidades que no mellor dos casos acadarán aos 300 Mbps.

Logo deste avance na extensión da súa rede 4G, Movistar xa chega con esta tecnoloxía a todos os concellos de Galiza, cunha cobertura media do 90% da poboación. Isto débese á actualización de preto de 700 estacións base (antenas) situadas en todo o país, que anteriormente traballaban unicamente en 2G e 3G.

Alén de seren habilitadas para o 4G, Movistar conectou todas estas estacións á súa rede de fibra óptica, o que permite ampliar o tráfico de datos en situacións de alta demanda, o cal ten interese en períodos estacionais (nomeadamente en vilas costeiras), mais tamén prepara a rede para o previsíbel aumento do parque de terminais 4G previsto para os próximos meses.

Sobre o autor

Reply