Nokia 6: toda a información do novo móbil de Nokia con Android 7.0

Nokia ten previsto lanzar varios dispositivos Android ao longo de todo o 2017, aínda que segundo todas as informacións semella que será no marco do MWC 2017 cando vexamos o maior número deles de vez. Porén, para cesar os rumores e filtracións, vense de anunciar oficialmente o Nokia 6, o primeiro terminal da histórica marca que vén con Android 7.0 Nougat.

O dispositivo integra unha pantalla de 5,4 polgadas con resolución Full HD, curvatura 2.5D e proteccción Corning Gorilla Glass. No seu interior leva un procesdaor Qualcomm Snapdragon 430, xunto 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD.

https://www.youtube.com/watch?v=kqi1dCFjPD0

A cámara frontal é de 8 megapíxeles con apertura f/2.0, mentres que a traseira sube até os 16 megapíxeles, con autoenfoque de fase, flash LED e unha apertura f/2.0. Completando as súas características temos unha batería de 3000 mAh con carga rápida, lector de pegadas dixitais, dual SIM 4G e certificado de audio Dolby Atmos.

A pesar de que xa víramos dispositivos Nokia levando un fork de Android na etapa na que a marca pertenceu a Microsoft, o certo é que este Nokia 6 inicia un novo camiño na historia da marca, ao levar Android 7.0 Nougat completo.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Nokia 6 vaise pór á venda a finais de mes na China por 1699 yuáns, uns 230 euros ao cambio, e polo de agora non hai novas sobre a súa hipotética comercialización noutros países.

Sobre o autor

No Responses

Reply