Yoigo permitirá contratar La SinFín 25 GB até o próximo 28 de febreiro

A mediados de decembro do mes pasado Yoigo anunciou, a modo de promoción de Nadal, a tarifa La Sinfín 25 GB, unha versión renovada da tarifa máis destacada da compañía, que ofrece por 32 euros ao mes chamadas ilimitadas e 25 GB de navegación a velocidade 4G.

Como xa comentamos daquela, o feito de ser unha tarifa que malia poderse disfrutar “para sempre” unicamente se pode contratar en períodos promocionais, limita un pouco o volume de clientes que a poden contratar. Co fin de que ninguén que a queira quede sen ela, a operadora decidiu ampliar o período de contratación até o próximo 28 de febreiro. Ademais, e a diferenza de outras ocasións, poden optar a ela tanto as clientas actuais da compañía como as novas contratacións.

La Sinfín 25 GB ofrece, por 32 €/mes

  • Chamadas “ilimitadas”
  • 25 GB de navegación 4G
  • SMS a 0,121 €/mensaxe.

Iso si, establécese unha política de uso razoábel que limita as chamadas a un máximo de 5000 minutos e 300 destinos diferentes por mes, e tras os 25 GB a velocidade baixa até os 128 kbps, aínda que sempre poderemos optar por contratar algún bono de datos extra para seguir navegando a máxima velocidade.

Cobertura

Ademais de usar a súa rede propia, desde este ano Yoigo usa tamén a rede 4G de Movistar para chegar aló onde non o fai coa súa propia cobertura. Até o de agora Movistar unicamente deixaba a Yoigo que empregase as redes 3G e 2G, pero un recente acordo con MásMóvil, actual dona de Yoigo, fixo mudar as cousas desde o primeiro de xaneiro.

En calquera caso, esta medida é temporal, pois Yoigo está en pleno proceso de cambio de rede de roaming nacional, polo que ao longo deste ano todas as usuarias da compañía cambiarán de Movistar a Orange a súa cobertura onde non chega a rede de antenas de Yoigo.

Sobre o autor

Reply