Asus Zenfone Pegasus 3S, con Android Nougat e batería de 5000 mAh

Ademais do Zenfone AR e o Zenfone 3 Zoom anunciados no CES de Las Vegas, Asus deu a coñecer na China o novo Zenfone Pegasus 3S, un dispositivo de gama media que destaca por levar Android 7.0 Nougat e unha batería de 5000 mAh de capacidade.

Construído en metal, o trebello integra unha pantalla IPS HD de 5,2 polgadas con cristal curvado 2.5D. No seu interior leva un procesador MediaTek MT6750, 3 GB de memoria RAM e versións de 32 ou 64 GB de capacidade interna, ampliábeis mediante microSD de até 2 TB.

A cámara principal é de 13 megapíxeles con apertura f/2.0 e enfoque por detección de fase, mentres que a frontal é de 8 megapíxeles. Dispón dunha batería de 5000 mAh e leva un lector de pegadas dixitais situado na parte frontal do dispositivo. Como sistema operativo leva Android 7.0 Nougat.

Dispoñibilidade e prezo

O Asus Zenfone Pegasus 3S vai saír á venda ao longo deste mes na China por uns 250 euros na versión de 32 GB e aproximadamente 295 euros a de 64 GB.

Sobre o autor

Reply