Lenovo Mix 720, o novo 2 en 1 de Lenovo

Hoxe queremos falarvos dun dos produtos que, malia ter sido presentado no CES 2017, pasou algo máis desapercibido por mor do volume de novidades que se produciron durante os días da feira. Falamos do Lenovo Mix 720, un portátil de Lenovo que chega para incrementar a oferta de dispositivos 2 en 1.

Como se pode ver na imaxe, trátase da típica equipa na que se pode separar o corpo da máquina do teclado físico e empregarse coma tablet, e está dirixido a todas aquelas que precisan dun portátil lixeiro e híbrido para traballar en mobilidade. Ademáis conta cunha repisa “estilo surface” co que poder apoiar o dispositivo e taballar con comodidade.

En canto ás súas características técnicas destacamos a súa pantalla qHD de 12 polgadas, un procesador Intel de 7ª xeneración, ademáis de 16 GB de RAM e até 1TB de almacenamento en estado sólido (SSD). O Mix 720 funciona con Windows 10. De seguro, que teremos dispoñibéis diferentes configuracións, máis Lenovo non as confirmou até o de agora.

No apartado da conectividade destaca o seu porto USB Type-C e un Thunderbolt 3 ao que se poden conectar dous monitores 4K. Se precisades conectar os vosos gadgets por usb, deberedes mercar un adaptador. En base a isto, conseguimos un híbrido lixeiro de só, 1,1 kilos e 14,6mm de grosor.

Segundo apuntou Lenovo, o Mix 720, sae ao mercado desde Febreiro cun prezo que andará polos 900€.

Sobre o autor

Reply