Coincidindo co inicio de ano, o pasado 2 de xaneiro Samsung anunciou a renovación dos seus trebellos de gama media, a serie Galaxy A (2017), composta lo Galaxy A3 (2017) e o Galaxy A5 (2017). Ambos trebellos xa teñen data de posta á venda no noso país: o 3 de febreiro.
Para ir quecendo motores, o fabricante surcoreano habilitará a fase de prevenda na súa tenda online propia e nas dos principais distribuidores entre o 23 de xaneiro e o 2 de febreiro, período durante o cal as persoas que fagan a pre-compra recibirán de regalo uns auriculares sen fíos Level Acvite, valorados en 79 euros. Chegado o día 3, ambos dispositivos poranse á venda de maneira global en todos os distruibuidores e nos principais operadores móbiles.
Esta serie de Samsung enmárcase dentro do que poderíamos calificar como unha gama media – alta, con prestacións avanzadas, bos materiais, deseño coidado, resistencia á auga e ao pó e sendas cámaras con rápido autofocus para poder sacar boas fotos en todo tipo de condicións.
Samsung tamén puxo o foco en mellorar as cámaras frontais para as amantes das selfies. No Galaxy A5 (2017) colocou un sensor de 16 megapíxeles con apertura f/1.9, mentres que no caso do A3 (2017) temos un modelo de 8 megapíxeles. A aplicación de cámara tamén introduce novidades, como o modo flash de pantalla ou o uso de todo o panel como un gran botón táctil, aumentando a precisión.
En canto a prezos, o Galaxy A3 (2017) terá un PVP de 329 euros, mentres que o Galaxy A5 (2017) subirá até os 429 euros. Neste outro artigo pódense consultar todas as especificacións de ambos dispositivos.