Vivo V5 Lite, un novo gama media chinés con acabados premium

A gama media Android experimentou no último ano un importante avance, na medida en que, ademais de coller especificacións e características reservadas a modelos de gama alta, tamén foi incorporando melloras significativas de deseño e acabados. Nesta cuestión, os fabricantes chineses xogaron un papel fundamental.

Estre estes fabricantes, cuxo número medra cada mes, atopámonos a Vivo, que vén de lanzar o Vivo V5 Lite, un modelo de características semellantes a outros modelos da mesma gama que centra a súa aposta na cámara frontal, dando importancia ás selfies.

Especificacións

O Vivo V5 Lite incorpora unha pantalla IPS de 5,5 polgadas, aínda que con resolución HD (1280 x 720 píxeles). No seu interior alberga un procesador de oito núcleos e con arquitectura de 64 bits, xunto 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

A cámara traseira é de 13 megapíxeles, con apertura f/2.2, deixando todo o protagonismo ao sensor frontal, de 16 megapíxeles e cunha apertura f/2.0, ademais o seu correspondente flash LED. A batería é de 3000 mAh e o sistema operativo Android 6.0 Marshmallow, personalizado coa capa Funtouch OS 3.0.

Nun primeiro momento comercializarase en Tailandia, Indonesia e Filipinas en tres cores (dourado e rosado). Haberá que agardar para descubrir se o fabricante aspira a poñelo á venda noutros lugares do globo.

Sobre o autor

Reply