Así é o novo Oukitel U7 Max, un trebello barato para cubrir as necesidades máis básicas

Oukitel é un fabricante coñecido polos seus prezos contidos, lanzando terminais que van dirixidos a un público cunhas necesidades moi básicas. Coa intención de ofrecer unha nova alternativa a este tipo de clientas, a compañías vén de lanzar o novo Oukitel U7 Max, pertencente á familia U7.

Das súas especificacións destacamos a pantalla de 5.5″ con resolución HD, tan só 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, que se completa cun slot para microSD. Para mover a equipa, Oukitel decantouse por un pocesador MediaTek MT6580A de catro núcleos a 1GHz.

No apartado multimedia debemos comentar que a cámara principal é de 13 MPX e a dianteira de 5 MPX, iso sí, en canto á conectividade podémonos esquecer de atopar un lector de pegadas dixitais ou sensor NFC.

Como vedes, é un terminal sinxelo, que busca compradores preocupados por manterse conectados a través de aplicacións básicas tipo WhatsApp, facer algunha que outra consulta en Google e uso puntual de vídeos en streaming.

Está previsto que este Oukitel U7 MAX chegue ao mercado o vindeiro mes de febreiro, máis do prezo non temos información, pero tendo en conta a política de prezos asequibles de Oukitel, imaxinamos que non debera subir dos 100€.

Sobre o autor

Reply