Facebook ficha a Hugo Barra: será o VP de Realidade Virtual e responsábel de Oculus

Hai apenas tres días Hugo Barra anunciou que deixaba o seu posto de vicepresidente en Xiaomi para regresar a Silicon Valley e iniciar unha nova andaina laboral, xa que segundo confirmou o propio Hugo, estar afastado da súa xente comezaba a afectarlle a súa saúde.

Malia que nese anuncio tamén falaba de tomarse un pequeno paréntese, o fundador de Facebook Mark Zuckerberg confirmou esta madrugada a fichaxe de Hugo Barra,  quen se unirá a Facebook como Vicepresidente de Realidade Virtual e responsábel dos desenvolvementos da tecnoloxía Oculus.

Hugo Barra será o encargado de liderar todos os proxectos de realidade virtual e aumentada que está a levar a cabo Facebook, ocupando o posto que deixou libre Brendan Uribe, cofundador de Oculus, tras a súa renuncia. A responsabilide do ex directivo de Android e Xiaomi non vai ser pouca, pois o propio Mark Zuckerberg anunciou recentemente uns investimentos de 3.000 millóns de dólares na próxima década para facer que a realidade virtual chegue a todo o mundo.

Sobre o autor

Reply