Cando na casa falla o ADSL ou a fibra óptica e precisamos a conexión á Internet para traballar ou o ocio, o máis doado é habilitarmos o tethering no teléfono móbil para compartir a conexión de datos que teñamos contratada. Porén, isto implica un consumo de datos que a usuaria fai por causas alleas, e que lle supoñen un gasto maior.
Vodafone vén de lanzar Plan B, unha solución que permitirá ás usuarias desta compañía estar sempre conectadas ante unha eventualidade. Para iso, a compañía comprométese ante calquera fallo no servizo de rede fixa cunha solución inmediata.
Cando unha usuaria comunica a Vodafone unha caída no servizo de rede fixa activarase de maneira inmediata, e sen ningún custe para a clienta, un bono de datos de 10 GB en cada liña móbil de contrato, dispoñíbel para usar nunha semana, e que continuará activo aínda que se solucione a avaría antes de tempo. No inusual caso de que continuase o problema tras unha semana, o bono sería ampliado.
Deste modo Vodafone pretende que as súas clientas manteñan sempre a conexión, aínda cando sufran unha incidencia que os deixe sen servizo fixo.
Máis info | Plan B