O referente de HTC este ano levará o Snapdragon 835

Dentro da voráxine de rumores que preceden a un gran evento como o Mobile World Congress, chegouse a especular con que a presentación do Samsung Galaxy S8 no mes de marzo faría que ningún buque insignia da competencia levase o Snapdragon 835, o novo procesador de Qualcomm. As razóns? Unha suposta exclusividade. Porén, desde HTC confirmaron que lanzarán ao mercado o seu novo terminal referencial co procesador Qualcomm Snapdragon 835.

Chialin Chang, o presidente da división de smartphones de HTC, dubida que calquera dos buque insigina que chegarán no MWC vaia montar o 835, incluído HTC. Pero si confirma que están en disposición de lanzar un novo tope de gama co novo procesador de Qualcomm, a pesar de ter listo o HTC U Ultra (cun Snapdragon 821), que sairá á venda o 1 de marzo.

Na nosa opinión, é un pouco arriscado facer estas afirmacións. Dicimos isto polo seguinte: mercarías un HTC U Ultra, cando a empresa di que vai sacar outro cun procesador mellor? No resto de gamas esta pregunta ten pouco senso, pero cando falamos de inversións de máis de 600€, hai que saber ben que facemos cos nosos cartos, pois seguro que é intelixente agardar a que saia o novo terminal, para mercar o U Ultra con desconto.

De calquera xeito, veremos se HTC recupera o oco que tivo nalgún tempo no ecosistema Android ou pola contra segue navegando á deriva coma nos últimos anos.

Sobre o autor

Reply