Agora podemos descargar o contido de Netflix á tarxeta microSD e velo sen conexión

Desde que chegou Netflix ao noso país, xunto coa súa aplicación para Android, esta foi mellorando para ir incorporando novas e interesantes funcionalidades que fan que sexa unha das ferramentas máis completas e útiles do sector do vídeo on demand.

O pasado mes de novembro introduciron a posibilidade de empregarmos a aplicación sen conexión, polacal podíamos descargar o contido á memoria interna dos dispositivos. O que a priori era unha boa nova, axiña sería algo máis insulso dado que con este método a memoria dos teléfonos enchía axiña.

A compañía comezou a atender as peticións das usuarias e agora vai un paso máis aló. A última actualización da aplicación, a v4.13, vén de permitir a descarga dos contidos á tarxeta microSD dos trebellos, sempre que o noso móbil ou tablet teña espazo para elas, como é obvio.

Como se pode ver no vídeo que compartiu Netflix no seu perfil de Twitter, o procedemento non podería ser máis sinxelo:

Sobre o autor

Reply