Energy Sistem vén de anunicar o lanzamento dunha nova tablet, a Energy Tablet Por 3. Este novo modelo convértese no referente da compañía neste tipo de trebellos, e busca o nada fácil equilibrio entre o deseño, a potencia e a versatibilidade.
A Tablet Pro 3 leva unha pantalla IPS de 10 polgadas con resolución 1280 x 800 píxeles. No seu interior alberga un procesador de 8 núcleos ARM Cortex A7 a 1,8 GHz, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.
A batería é de 6000 mAh, unha capacidade que, segundo afirma o fabricante, ofrece até 300 horas de autonomía en modo stand by e cinco horas e media de reprodución de vídeo en streaming. En canto a sistema operativo, leva Android 6.0 Marshmallow.
Energy Sistem, como empresa especializada en audio, quixo poñer certo empeño en marcar a diferenza, engadindo dous altofalantes de 1 W con son estéreo, así como curva de son definida por software, o que fai posíbel que mellore a resposta para un son claro e de calidade.
A Energy Tablet Pro 3 está á venda por 159 euros, un prezo que tamén inclúe dous meses de suscrición a Nubico Premium sen cargo.
Máis info | Energy Sistem
Sigo preferindo as bq M10. Son algo máis caras pero son máis interesantes polas seguintes razóns:
-Teñen un servizo de renove, que incluso chegan a ser de 90€ nalgunhas datas.
-As pantallas quantum color son moi superiores ás da competencia.
-Os altofalantes son frontais, teñen certificación Dolby e soan moi moi ben.
-bq ten máis actualizacións que Energy System, e teñen 5 anos de garantía.
-Os procesadores non son A7, son A53, polo que xa son de 64 bit. Moito máis potentes.
-Aínda que só garanten ata 64Gb de memoria SD, admiten 128 e 256Gb de SD se a marca é decente (SanDisk, Samsung, Kingston…)