Sony podería presentar até 5 dispositivos e outras novidades no MWC17

Cada vez queda menos tempo para a cita máis importante do ano cando falamos de telefonía móbil, o Mobile World Congress que se celebrará en Barcelona a finais deste mes de febreiro.

Por este motivo, canto máis nos achegamos a dita data, maior é o número de filtracións e rumores que se producen, e máis que imos ter nos próximos días. Seguindo esta liña, nas últimas xornadas puidemos saber que Sony lanzaría até 5 terminais no marcado do MWC, cuxos nomes en clave, que non comercial, serían Yoshino, BlancBright, Keyaki, Honiki e Mineo.

Cada un deles estaría dixirido a un sector moi concreto do mercado, polo que tamén habería importantes diferenzas, tanto en prezos como en especificacións. Supostamente, o Yoshino corresponderíase co Xperia Z6, que sería un dos modelos máis premium, e que podería vir co procesador Qualcomm Snapdragon 835. Nas gamas máis baixas teríanse chips fabricados por MediaTek.

A cita con Sony está prevista para o luns 27 de febreiro, polo que nesa data darémosvos boa conta de todas as novidades que se oficialicen, que estamos certas irán máis aló da telefonía móbil.

Sobre o autor

Reply