Mallando no Android

Menu
  • Inicio
  • Aplicacións
  • Smartphones
  • Tarifas
  • Reviews
  • Contacto e redes
    • Contacto e redes
    • Quen somos
    • Únete a nós!
    • Nos medios
  • Telegram
  • RSS
Inicio
Actualidade
Últimos pasos para a fin do roaming: fixados os prezos maioristas
Actualidade

Últimos pasos para a fin do roaming: fixados os prezos maioristas

Autor Iago Varela Martínez O día 1 Febreiro, 2017 Non hai comentarios

O próximo 15 de xuño de 2017 será un día histórico, pois ese día porase fin aos cargos polo roaming europeo que aplican as operadoras por facer uso das chamadas, SMS ou datos nas viaxes dentro da Unión Europea. Logo de varios borradores, hai unhas semanas quedou claro que as usuarias non asumirán os custes, aínda que si que haberá uns límites dentro do “uso razoábel”.

Para seguir avanzando no proceso, a Comisión Europea fixou esta madrugada os prezos máximos que os maioristas poderán cobrar polo acceso ás súas redes, é dicir, as cantidades máximas que poderán cobrarse uns operadores aos outros cando teñan que atender a unha usuaria en itinerancia.

Estes prezos maioristas serán dun máximo de 3,2 céntimos / minuto, 1 céntimo o SMS e 7,70 euros o GB de datos. Neste último caso, tamén quedou fixada unha baixada progresiva dos prezos que rematará no 2020 con 2,50 euros por GB.

O acordo debe ser ratificado agora polo Parlamento e o Consello Europeo, pero en calquera caso a data da fin do roaming para as usuarias  non vai cambiar. Como diciamos antes, as usuarias non terán límites temporais ou de uso no extranxeiro, aínda que as compañías poderán pedir explicacións (e penalizar) se detectan usos abusivos ou se queda demostrado que a intención é usar unha tarxeta unicamente no extranxeiro.

Artigos relacionados

Facebook lanzará o botón ‘Non me gusta’

Avecíñase treboada. E non, non falamos da cicloxénese, senón do …
15 Setembro, 2015
2 minutos de lectura

O LG G4 xa ten prezo oficial: desde 649 €, en pel por 699 €

A semana pasada asistimos en Londres á presentación do novo …
8 Maio, 2015
2 minutos de lectura

Así é o Action X3, o novo todoterreo de Crosscall

Hoxe queremos achegarvos unha nova proposta da empresa Crosscall, adicada …
15 Agosto, 2018
3 minutos de lectura

Sobre o autor

Iago Varela Martínez

Techie, geek e frikiño. Apaixonado dos trebellos e da ciencia

Reply

Cancelar a resposta

Buscador

Hosting por Logo Dinahosting

Achega económica

Axúdanos cunha aportación económica periódica (suscrición) ou puntual (doazón). Clic aquí para saber máis ou selecciona unha das seguintes opcións.









2021 © copyright Mallando no Android
Feito con ❤️ na Galiza 
Esta páxina usa cookies para mellorar a túa experiencia de navegación. Asumimos que estás dacordo, pero podes abandonar a web se o desexas Aceptar Reject Ler máis
Lei de cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Always Enabled

Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

Non-necessary

Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.