Jiayu Mobile, nace un novo operador low cost con cobertura Orange

O mundo das operadoras móbiles virtuais comeza a estar un pouco saturado, e quizais por iso nos últimos tempos vivimos varias compras e fusións que foron reducindo o seu número. Se estamos a falar dun mercado no que é difícil entrar de por si, facelo sen apostar pola diferenciación aínda resulta máis complicado.

Con este panorama nace Jiayu Mobile. Con sede en Valencia e vencellada ao fabricante chinés Jiayu, a nova operadora centra a súa aposta nas tarifas axustadas, pero pouco novidosas, e no financiamento a prazos dos seus móbiles.

Tarifas de Jiayu Mobile

Jiayu Mobile ofrece catro tarifas preconfiguradas, ás que hai que sumar a posibilidade de que as usuarias fabriquen a súa propia oferta a medida. As opcións propostas son:

  • 2 GB de datos e 100 minutos en chamadas por 10,98 €/mes.
  • 1 GB + chamadas ilimitadas por 15,90 €/mes
  • 3 GB + chamadas ilimitadas por 19,90 €/mes
  • 8 GB + chamadas ilimitadas por 26,90 €/mes

Por outro lado, as usuarias poden facer a súa tarifa combinando os datos e os minutos que se axusten ás súas necesidades seguindo a seguinte táboa

Hai que salientar que a operadora ofrece bonos de minutos ao extranxeiro, algo que pode ser interesante para as usuarias que fan chamadas a outros países con asiduidade.

Jiayu emprega a infraestrutura de MásMóvil, baixo cobertura Orange. A velocidade de navegación será 4G até acadar o límite de datos, momento no cal as usuarias pasarán a navegar a velocidade reducida.

Máis info | Jiayu Mobile

Sobre o autor

Reply