Gmail deixará de funcionar nas versións máis antigas de Chrome

Empregar as versións máis antigas dos programas adoita converterse nun problema de seguridade para as usuarias e nun auténtico quebradeiro de cabeza para as empresas que teñen que dar soporte. Por iso Google vén de anunciar que Gmail, o servizo de correo electrónico por excelencia, deixará de funcionar nas versións máis antigas de Chrome antes de que remate o ano.

Para potenciar o abandono das versións máis obsoletas do seu navegador, Google ten previsto ir limitando todas as funcións de Gmail. Para iso redirixirá ás usuarias que empreguen unha versión de Chrome 53 ou inferior á versión HTML5 de Gmail, onde Google pode manter uns mínimos de seguridade.

Os dispositivos que se verán máis afectados son os que empregan Windows XP ou Windows Vista, xa que a última actualización de Chrome para eles foi a número 49, e desde hai algún tempo xa non reciben soporte por parte de Google. Pola súa banda, Microsoft tamén deixou de dar soporte a Windows XP hai máis de dous anos e medio, e en abril remata o soporte extendido a Windows Vista SP2.

Sobre o autor

Reply