A operadora Orange anunciou esta semana en Carballo os seus plans para chegar a todas as vivendas do concello bergantiñán a través da súa rede de fibra óptica até o fogar (FTTH), para o cal a compañía ten previsto realizar un investimento de 1,8 millóns de euros.
As previsións de Orange estiman que serán quen de desenvolver a maior parte do proxecto durante este 2017, aínda que os traballos concluirán a comezos do ano que vén, cando cheguen ás máis de 11.400 unidades inmobiliarias do concello de Carballo. Coa actual oferta comercial de Orange as usuarias poderán acceder a través de fibra óptica a velocidades de 50, 300 e 500 megas simétricos.
Estes investimentos de Orange na rede fixa súmanse aos máis de 600.000 euros investidos para actualizar a súa rede móbil ao 4G, achegando maiores velocidades de conexión móbil ao 80% da poboación de Carballo.
Outras operadoras beneficiadas
Indirectamente, as actuacións de Orange en Carballo beneficiarán a outras operadoras, principalmente a Vodafone e R. Por un lado, Vodafone ten selada unha alianza con Orange para colaborar no despregametno da FTTH, polo que terá acceso a esa rede de fibra até o fogar; no caso de R, o beneficio está na rede móbil, pois as melloras na rede de Orange servirán tamén ás usuarias de móbilR, que disfrutarán de mellor cobertura.
Mentres, en Lugo seguimos agardando.