R continúa coa renovación das súas tarifas de móbil. Tras a actualización de prezos e o lanzamento de novas ofertas a finais do ano pasado, agora sorprenden cunha nova opción, a tarifa TR 0 500 MB.
Esta tarifa nace como unha nova proposta de liña adicional, sumándose as “tarifas R” xa existentes, e ofrece por 3 € ao mes, chamadas a 0 cént/min (establecemento 21 céntimos/chamada), 500 MB de datos e wificlientesR; os SMS cóbranse a 24 céntimos. Porén, para poder contratala é preciso cumprir unha serie de condicións:
- É necesario ter contratado un dos combos actuais, con velocidade mínima 50 megas, ou un produto indirecto que inclúa Internet.
- É preciso ter unha liña móbil principal con tarifa plana 15 4G ou superior.
- Hai un máximo de 3 tarifas R por cliente.
No caso de que unha usuaria desta tarifa deixse de cumrpir algunha destas condicións, o prezo subiría até os 6 euros ao mes. Por outro lado, e a modo de promoción, nas novas contratacións de combos 50, 200 ou 350 teríanse 6 meses de cota ao 50 %.
Con esta nova tarifa R segue mellorando as súas propostas converxentes, orientadas a que as usuarias combinen nunha mesma factura todos os seus servizos de telecomunicacións.
Máis info | R