Energy Sistem levará ao MWC 17 cun terminal de dobre cámara

Este ano 2017 será o segundo no que Energy Sistem participará no Mobile World Congress de Barcelona cun stand propio, e todo apunta a que o farán con importantes novidades. Segundo se pode ver no convite – teaser, a compañía levaría á feira que se celebra a finais de mes un terminal con dobre cámara traseira.

A falta de saber se o fabricante español ten previsto amosar novas imaxes a modo de teaser antes do evento, este é o único detalle que se pode confirmar. Na imaxe, como podedes apreciar, vense dúas lentes na parte traseira do dispositivo, mais agora quedaría saber que teñen previsto para o resto de especificacións básicas (pantalla, procesador, …). Tamén cabería darse o caso, moi probábel, de que este non fose o único modelo a anunciar por Energy Sistem no Mobile.

En aproximadamente 3 semanas dará comezo o agardado evento, onde descubriremos estas e outras novidades. Que agardades vós deste MWC?

Sobre o autor

Reply