Fíltrase Windows 10 Cloud, a alternativa de Microsoft a ChromeOS

Hai unhas poucas semanas comezou a rumoroloxía arredor da existencia de Windows 10 Cloud, unha versión de Windows “moi ligada á nube”. Os segredos esvaecéronse coa filtración por parte dun usuario dunha ISO dunha das versións beta desa nova versión do sistema operativo.

Desmentindo algunha das teorías publicadas hai algúns días, Windows 10 Cloud non será un sistema operativo na nube, accesíbel coa nosa conta Microsoft desde calquera navegador web, senón un sistema lixeiro e limitado destinado a competir con ChromeOS, a alternativa de Google.

A filtración da ISO fixo que apareceran na Internet as primeiras reviews desta versión beta de Windows 10 Cloud, sendo unha das máis completas a que vos deixamos a continuación:

Como se pode apreciar, a principal vantaxe é que as diferenzas á vista son mínimas, polo que calquera usuaria á que vaia destinada a versión final de Windows 10 Cloud non terá problemas de adaptación, ao estar nun entorno familiar.

Con este movemento semella claro que a intención de Microsoft é apostar polas gamas máis baixas de dispositivos, pois actualmente xa dominan as gamas altas. Haberá que agardar ás próximas semanas ou meses para ver como evoluciona e cando se acaba producindo o lanzamento oficial.

Sobre o autor

Reply