Logo da súa parálise no 2016, Pepephone segue a actualizar as súas tarifas móbiles para facelas máis competitivas, achegándose a ese concepto da operadora que tiñamos antes, malia que moitas cousas mudaron na súa xestión como empresa.
O último destes cambios afecta á tarifa Jirafa finita, que agora cambia o seu nome para chamarse “ilimitada”, aínda que como ben aclara a compañía ten límites. Porén, isto non fai que o cambio para as usuarias actuais sexa a moito mellor, pois pásase de 1.001 minutos, 3 GB e unha cota de 30,3 euros a ofrecer os mesmos 1.001 minutos, pero con 10 GB de datos e unha cota de 27,90 euros.
Con esta actualización, a oferta de tarifas de Pepephone queda nun total de 6 propostas, a práctica totalidade orientadas ás usuarias que prefiren os datos máis que os minutos de voz que cada vez ofrecen máis operadoras de maneira obrigatoria. Son as seguintes:
- Navega desde tu móvil: 1 GB por 5,90 €/mes
- Navega Más: 1,5 GB por 6,90 €/mes
- Navega Mucho: 2,5 GB por 10,90 €/mes
- Navega Mucho Más: 4,5 GB por 14,90 €/mes
- Navega Un Montón: 10 GB por 24,90 €/mes
- Tarifa Ilimitada: 10 GB + 1001 minutos por 27,90 €/mes
En todas as tarifas, agás na ilimitada, os 20 primeiros minutos de cada chamada son a 0 cént/min, e a partir de aí a 0,73 cént/min, cun establecemento de 18,15 céntimos. No caso da ilimitada, superados eses 1001 minutos, comézase a cobrar o establecemento a 18,15 céntimos e os minutos a 1,21 cént/min.