O Nubia Z11 miniS chega ao noso país por 349 euros

O fabricante chinés Nubia quere que o 2017 sexa o ano no que mellora a súa expansión territorial, e como mostra diso temos o anuncio da dispoñibilidade do novo Nubia Z11 miniS no noso país. Trátase dunha das versións derivadas do actual buque insignia da compañía, o Nubia Z11, con deseño algo máis compacto e especificacións de gama media.

O Nubia Z11 miniS integra unha pantalla de 5,2 polgadas de diagonal e resolución FullHD. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 625, de oito núcleos, xunto con 4 GB de RAM e opcións de 64 ou 128 GB de memoria interna, aínda que no noso país venderase unicamente a de 64 GB.

O fabricante pon o  foco na fotografía, asegurando que sorprenderá aos “máis profesionais”. A falta de probar a súa cámara, o trebello ten como sensor traseiro unha cámara de 23 megapíxeles con lente f/2.0 e enfoque por detección de fase, deixando para a parte frontal unha cámara de 13 megapíxeles. Complementando a súa folla de especificacións temos unha batería de 3000 mAh, e como sistema operativo Android 6.0.1 Marshmallow.

Pódese mercar por 349 euros a través da rede de tendas de The Phone House e/ou Telecor.

Sobre o autor

Reply