R leva os seus 350 megas aos polígonos do Campiño, Vilagarcía e Ponte Caldelas

Os polígonos industriais de O Campiño (Pontevedra), O Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa) e A Reigosa (Ponte Caldelas) xa contan con acceso ás redes de última xeración de R, o que permite ás empresas situadas neles acceder á rede a través de conexións de até 350 megas.

Estes traballos son froito da adxudicación da primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galiza, impulsada pola AMTEGA para dotar de acceso a Internet de banda larga a 81 polígonos de todo o país que até o de agora non tiñan.

Máis ca alta velocidade

Ademais de conexións de até 350 / 35 megas, R pon a disposición das empresas destes polígonos unha serie de ferramentas para fomentar a transformación dixital, como solucións na nube, videoconferencias ou solucións da Internet das Cousas (IoT).

Sobre o autor

Reply