Truphone lanza un plan de datos para o iPad con servizo en 40 países

Truphone é unha operadora móbil diferente, que até o de agora se caracterizou por ofrecer un servizo dirixido a grandes compañías que precisan un servizo móbil global. Non en van, a súa principal baza é vender datos, minutos e mensaxes ao por maior e con validez en case todo o planeta, ofrecendo ás usuarias até 8 números locais na mesma SIM, encargándose de xestionalos de maneira eficiente cunhas pequenas configuracións.

Agora a compañía vén de lanzar un plan dirixido ao gran público, concretamente ás usuarias que posúen un iPad con Apple SIM. Este sistema de SIM virtual de Apple permite ás usuarias contratar o servizo móbil directamente desde a tablet, de maneira rápida e sinxela, e o mellor de todo: sen ter que agardar a recibir unha SIM física.

Para iso a compañía vén de lanzar tres produtos de prepago, sen permanencia e que se poden cancelar en calquera momento. Todos eles teñen en común un período de validez de 30 días desde a data de contratación, a navegación a velocidade 4G – LTE e o roaming incluído en 40 países. O que varía é, ademais do prezo, os datos que inclúe cada plan.

  • 100 MB (proba gratuíta)
  • 500 MB por 8 €
  • 1 GB por 11 €
  • 3 GB por 20 €.

 

Contratar estes servizo é tan sinxelo como seguir tres pasos:
  1. Ir a axustes > Datos móbiles > Configurar datos móbiles.
  2. Elixir Truphone e seleccionar un dos 3 plans dispoñíbeis ou a proba gratuíta
  3. Iniciar a navegación móbil 4G.

Os países que se inclúen nesta listaxe libre de roaming son os seguintes: Alemania, Australia, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Cidade do Vaticano, Dinamarca, EE.UU., Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Guyana Francesa, Grecia, Guadalupe, Guernesey, Hong Kong, Hungría, Islandia, Irlanda, Illa de Man, Illa Reunión, Italia, Jersey, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Martinica, Mónaco, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Puerto Rico, Reino Unido, República Checa, Rumanía e Suecia.

Máis info | Truphone

Sobre o autor

Reply