Redmi Note 4X, unha actualización do Note 4 inspirado en Miku Hatsune

En agosto do ano pasado Xiaomi anunciou o Redmi Note 4, un dispositivo que o fabricante chinés vén de actualizar cunha nova versión inspirada en Miku Hatsune, á vez que introduce algún que outro cambio menor. Trátase do novo Xiaomi Redmi Note 4X.

Os cambios máis importantes atopámolos no procesador e na memoria RAM. No caso do procesador, Xiaomi decidiu apostar polo Qualcomm Snapdragon 625 no canto do MediaTek Helio X20 que tiña a versión orixinal, mentres que a RAM é agora de 4 GB (antes opcións de 2 ou 3 GB).

A listaxe completa de características é a seguinte:

  • Pantalla FullHD de 5,5 polgadas con curvatura 2.5D
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 625
  • Adreno 506
  • 4 GB de memoria RAM
  • 32 ou 64 GB de memoria RAM ampliábeis mediante tarxeta microSD de até 128 GB
  • Cámara traseira de 13 megapíxeles, PDAF e f/2.0
  • Cámara frontal de 5 megapíxeles con f/2.0
  • Batería de 4100 mAh
  • Lector de pegadas dixitais
  • USB Tipo C
  • Android 6.0 Marshmallow + MIUI 8

O trebello estará dispoñíbel nun total de cinco cores e chegará o mercado mañá, martes 14 de febreiro. O seu prezo aínda non foi desvelado.

Sobre o autor

Reply