O Huawei P10 e un novo reloxo intelixente, as grandes sospresas de Huawei no MWC

Eran moitos os rumores que apuntaban a que Huawei presentaría en Barcelona o novo Huawei P10. A nova vense de confirmar a través dun vídeo e unha imaxe a modo de teaser. Ademais, confírmase algo que xa dábamos por suposto, e é que o novo terminal de referencia do fabricante chinés contará con dobre cámara.

Precisamente onte, a web de The Phone House deixaba ver a ficha completa do novo dispositivo de Huawei, que contará con pantalla FUll HD de 5,5 polgadas, procesador Kirin 960, 6 GB de memoria RAM, 256 GB de memoria interna e un prezo de 649 euros.

Tamén se filtraron as especificacións do Huawei P10 Plus, que tería pantalal QHD de 5,5 polgadas, procesador Kirin 960, 8 GB de RAM e até 512 GB de memoria interna por 799 €.

Un novo reloxo intelixente

Por outro lado, o CEO da compañía confirmou na rede social chinesa Weibo un novo reloxo intelixente, que será anunciado na mesma keynote.

A confirmación chegou cunha imaxe promocional, na que se aprecia un corredor que leva o reloxo xunto coa frase “made for free spirits” (feito para espíritos libres), o eslogan que empregará na presentación.

A dúbida está en se o novo trebello de Huawei emprega ou non Android Wear 2.0, recentemente presentado, xa que nos últimos tempos este fabricante amosou o seu interese por Tizen, o sistema operativo que Samsung está a empregar nos seus wearables.

Haberá que agardar até o domingo 26 para descubrir todas as novidades que Huawei ten preparadas para esta primeira parte do ano. Pero de primeiras, todo pinta moi ben!

Sobre o autor

Reply